Ir al contenido

O presidente e a secretaria de Aspamadis reuníronse este luns, 10 de febreiro, con Patricia Torres e José María Lago, deputados provinciais responsables das áreas de Políticas Sociais e Medio Ambiente. Na xuntanza, Manuel Martín e Elena Rodríguez presentaron un resumo do traballo que levamos a cabo a través do noso centro especial de empleo, no que dez persoas con discapacidade intelectual están a desenvolver traballos medioambientais e de acondicionamento de zonas axardinadas.

No encontro analizáronse os programas de colaboración que se poden materializar coa Deputación provincial para a inclusión de persoas con discapacidade intelectual a través da súa inserción laboral. No nome das familias, o presidente Manuel Martín amosou o seu agradecemento a Patricia Torres e José María Lago e salientou a disposición atopada nos representantes do goberno provincial para acometer políticas inclusivas.

Dende a Adido e Aspamadis traballamos para ofrecer as personas con discapacidade intelectual a posibilidade de desenvolver un traballo remunerado, pois entendemos que a inclusión laboral é o mellor xeito de facer posible a inclusión. Aproveitamos a oportunidade para agradecer o esforzo da Deputación provincial de Ourense para facer realidade a inclusión, como por exemplo impulsando proxectos de baloncesto inclusivo para levar este deporte, en colaboración co Clube Ourense Baloncesto a colectivos sociais, centro penitenciario e centros de menores da provincia.

«A inclusión é posible pero precisa da implicación e dun traballo conxunto de institucions, empresas e particulares», remarcaou o presidente de Aspamadis.

Reunión Deputación feb 2025
Os nosos directivos, Manuel Martín e Elena Rodríguez, na reunión cos deputados provinciais Patricia Torres e José María Lago
Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarle publicidad personalizada en base a un perfil elaborado a partir de sus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Para más información consulte la política de cookies. Puede aceptar todas las cookies pulsando el botón Aceptar o configurarlas o rechazar su uso pulsando en botón Configurar.   
Privacidad