Ir al contenido

A Corporación de Ourense debatirá no pleno de maio unha moción do BNG para a sinatura de convenios ou contratos de colaboración cos centros especiais de emprego de iniciativa social que, como Aspamadis, operan dentro do termo municipal. A directiva e familias da nosa asociación Adido, e moi especialmente o/as traballadores do seu CEE, agradecen a iniciativa da formación nacionalista, que recolle as inquedanzas que trasladamos aos responsables do Bloque nunha recente xuntanza e que significa unha clara aposta por un modelo de economía que pon as persoas no centro. A proposta que debatirán os concelleiros o venres pon en valor a economía social como ferramenta para mellorar a sociedade pois reemplaza o beneficio económico polo beneficio social que supón facilitar a inclusión dos colectivos máis vulnerables, no noso caso das persoas con discapacidade intelectual,  a través da súa incorporación ao mercado laboral.

O BNG argumenta na súa moción que a política social dun concello non debe limitarse a subvencións senóns que debe contemplar tamén “a colaboración con entidades do terceiro sector, de economía social, centros de emprego ou cooperativas de economía social”. Engaden que debe ser un compromiso firme “para colaborar de verdade, favorecendo empregabilidade, licitacións e cláusulas sociais” e deste xeito “incluír e transformar o Ourense ao que aspiramos entre todas e todos sen deixar a ninguén fóra”. 

A formación da que é portavoz Luis Seara fai unha referencia expresa aos dous CEE que traballan pola inclusión en Ourense, Aspamadis e Aixiña. No noso caso, lembran que seguimos a traballar para acadar unha cidade inclusiva e sostible, ampliando a nosa carteira de servizos medioambientais, consolidando alianzas empresariais e impulsando proxectos cun gran impacto social e ambiental e “todo iso _fan constar no texto da moción_ pensando única e exclusivamente en ofrecerlle unha vida digna e plena a todas aquelas persoas que padecen algunha discapacidade intelectual”. 

O grupo municipal do BNG fai referencia a cómo Aspamadis “colaborou co Concello de Ourense dun xeito moi activo en mandatos anteriores desenvolvendo traballos de limpeza, mantemento e conservación de diferentes espazos verdes da cidade”, salientando que ese traballo “ilusionaba e enchía de orgullo ás persoas que o desenvolvían”. “Os resultados eran moi satisfactorios pois o nivel de profesionalidade e implicación das traballadoras e traballadores que o levaban a cabo era máximo e mesmo contaban co respaldo e a admiración de moita veciñanza”, indican.

O CEE da asociación Adido mantén na actualidade unha plantilla de dez personas con discapacidade intelectual e dous traballadores de apoio para labores de desbroce, limpeza e acondicionamento de zonas verdes. Entre os clientes figura o Concello de Ourense cun contrato menor para dúas limpezas anuais en O Palao (Velle), As Madornas (Castro de Beiro) e O Cumial. Hai un mes incorporamos como cliente ao Concello de Amoeiro, que pasa a completar unha lista na que figura a Xunta, Seaga e o CRD Ourense.

IMG 20190304 134414807 HDR 600x600 1
O BNG lembra na súa proposta os positivos resultados para Aspamadis e a sociedade de traballos realizados no pasado en zonas municipais como Montealegre
Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarle publicidad personalizada en base a un perfil elaborado a partir de sus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Para más información consulte la política de cookies. Puede aceptar todas las cookies pulsando el botón Aceptar o configurarlas o rechazar su uso pulsando en botón Configurar.   
Privacidad