Esta semana tivemos a oportunidade de falar de economía social, inclusión e discapacidade intelectual cos responsables do BNG en Ourense. Agradecemos aos concelleiros Luis Seara e Nerea Blanco, así como o seu coordinador local Xurxo Rodríguez, que tiveran a ben achegarse á nosa sede para interesarse de primeira man polo labor que desenvolvemos cada día dende a asociación Adido e, moi especialmente, dende o noso centro especial de emprego.
Para nós é moi importante recibir visitas que queiran coñecer de preto o noso traballo, a realidade das persoas con discapacidade intelectual e o valor da inclusión laboral como ferramenta de transformación social.
Grazas por escoitar, compartir e poñer en valor o esforzo e compromiso do noso equipo.
Seguimos traballando por unha sociedade máis xusta, accesible e inclusiva para todas as persoas. E, coma decimos sempre, tan solo sumando apoios poderemos construir ese mundo mellor de persoas por riba de todo.
